miércoles, 29 de mayo de 2013

O extraordinario sentido da ecolocación

Esta semana continuamos co estudo dos sentidos dos seres vivos e as ventaxas que lles ofrecen para sobrevivir na natureza, isto é, que sentidos son máis útiles para comer, para evitar ser comidos, etc.

Pero sen dúbida unha das cousas que máis nos chamou a atención e que queremos compartir a través do noso blog, é o sentido da ecolocación, é dicir, o sónar que utilizan os morcegos e os golfiños, por exemplo, para detectar a súa comida ("Ñam,ñam!") ou para sortear obstáculos.


Aí vos vai un vídeo no que se explica (vale, está en inglés, pero enténdese ben e é moi divertido). ¡Esperamos que vos guste!!


jueves, 16 de mayo de 2013

Cabaliños de alá...

Como nos gustou moito todo lo que fomos aprendendo sobre os cabaliños de mar, decidimos poñernos trala pista do que sen dúbida debe ser o cabaliño máis bonito do mundo: o impresionante Dragón de mar, un cabaliño de mar  das antípodas, xa que vive en augas de Australia. Deixámosvos un vídeo que atopamos para que o coñezades. É fermosísimo, verdade?


¿A que parece un alga? ¡Así éche máis doado escapar dos depredadores! ¡Que listo!

Claro que... ser tan bonito tamén ten o seu lado negativo: moitos (como os da imaxe) son capturados para seren exhibidos en acuarios.  :(

lunes, 13 de mayo de 2013

Cabaliños daquí...

Se aínda vos preguntades se é posible que estas curiosas criaturas habiten nas nosas costas, a resposta é: SÍ. 
De feito, as fotos que compartimos pertencen a un exemplar fotografado na ría de Arousa por un biólogo que veu ao noso cole a contalo todo sobre os cabaliños de mar e outros bechos fascinantes que adoita atopar durante as súas inmersións. ¡Que sorte poder velos entre as algas!


¿Sabedes que nalgúns lugares do mundo pescan cabaliños de mar para vendelos como souvenirs? 

¡¡Nós queremos deixar claro que non nos gusta esa opción!! Preferimos saber que poderemos atoparnos con un se algún día nos mergullamos nas súas augas... E se non os vemos non pasa nada, gústanos saber que están aí, movéndose co vaivén das ondas, sendo parte da incríble beleza que agochan as augas das nosas rías.

miércoles, 8 de mayo de 2013

¡Un pai comprometido!

Esta semana estamos estudando a reprodución nos seres vivos; a un equipo    de clase tocoulle estudar os tipos de fecundación e reprodución nos animais. Pensando no protagonista que dá nome á nosa bitácora, investigamos un pouco e fixemos un descubrimento alucinante: ¡Non vos perdades o vídeo!

  

¿A que non podíades imaxinar que a quien estamos vendo nas imaxes é ao  macho desta especie? ¡¡Pois si!!
Comparte coa femia a incubación dos ovos (dentro do seu corpo) e finalmente é el quen dá a luz á seguinte xeración destes curiosos peixiños...
Neste caso, ademáis, alegrounos saber que os cabaliños nacidos neste acuario da Universidade de Valencia van ser devoltos ao mar, para vivir libres no seu verdadeiro fogar:¡¡parabéns, pequechos!! ¡Que teñades moita sorte!!