lunes, 25 de marzo de 2013

Poesía de primavera nos nosos ecosistemas

Esta semana, aproveitando que en ciencias da natureza xa aprendemos cousas sobre os distintos ecosistemas,  o profe de música púxonos un vídeo para celebrar a chegada da primavera: imaxes, música e poesía dan a benvenida a esta estación, deixando ben claro como se viste a naturaleza nos campos, augas y devesas de toda a Península Ibérica en primavera.
¡¡¡¡Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!!
http://vimeo.com/65414843

jueves, 14 de marzo de 2013

Ciencia e arte

Na unidade didáctica "A ciencia nas nosas vidas" estamos descubrindo fascinantes historias que teñen como protagonista a ciencia: desde os increíbles deseños do xenio Leonardo Da Vinci, que parecían predecir o futuro, pasando pola axuda que a ciencia presta á hora de resolver misterios da historia, da natureza ou do Universo, ata convertila en protagonista dunha nova forma de arte. 
Precisamente de arte e ciencia, ou de como o saber científico pode aproveitarse para crear esculturas fascinantes, trata o seguinte vídeo:
http://youtu.be/352u2qI4ykU


Trátase da obra de Theo Jansen, un artista  que se inspira nas formas animais e na física mecánica para dar "vida" ás súas esculturas.
A verdade é que todo o cole fala deste vídeo, que forma parte da exposición que estamos montando esta semana co gallo do traballo desenvolvido na área de ciencias da natureza. E non che nos extraña nadiña, porque a nós tamén nos pareceu flipante!!
¿Que dicides?