Esta semana estamos estudando a reprodución nos seres vivos; a un equipo de clase tocoulle estudar os tipos de fecundación e reprodución nos animais. Pensando no protagonista que dá nome á nosa bitácora, investigamos un pouco e fixemos un descubrimento alucinante: ¡Non vos perdades o vídeo!
¿A que non podíades imaxinar que a quien estamos vendo nas imaxes é ao macho desta especie? ¡¡Pois si!!
Comparte coa femia a incubación dos ovos (dentro do seu corpo) e finalmente é el quen dá a luz á seguinte xeración destes curiosos peixiños...
Neste caso, ademáis, alegrounos saber que os cabaliños nacidos neste acuario da Universidade de Valencia van ser devoltos ao mar, para vivir libres no seu verdadeiro fogar:¡¡parabéns, pequechos!! ¡Que teñades moita sorte!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario