Na unidade didáctica na que traballamos sobre a luz e o son, logramos descifrar,por fin, o significado do nome do noso colexio: Ardora.
Bueno, en realidade xa o sabiamos, xa nos explicaran que con esta palabra os mariñeiros refírense a un fenómeno denominado bioluminiscencia mariña, pero... ¿que é a bioluminiscencia e por que se produce?
Hoxe, na aula, descubrimos aos responsables deste espectáculo natural: son uns seres diminutos e cando se axitan a causa das ondas ou ben porque chocan cun obstáculo (unha rocha, unha embarcación...), comenzan a producir destellos de luz, semellando ser estreliñas no mar.
Non vos damos máis pistas de momento: xa vos diremos de quen se trata, con "nome e apelidos". Deixámosvos un vídeo no que se ve isto perfectamente: ¡¡Disfrutade das imaxes!!


