Ola, benvidos todos e todas a bordo de Cabaliño de mar, a nosa bitácora ou blog de aula de 6º, no que iremos contando as actividades e descubrementos realizados ao longo deste curso escolar 2014-2015 na área de ciencias da natureza.
Falaremos dos amigos do cole da Illa, das cousas que nos contan e por suposto, falaremos do protagonista da nosa bitácora: o cabaliño de mar.
Falaremos dos amigos do cole da Illa, das cousas que nos contan e por suposto, falaremos do protagonista da nosa bitácora: o cabaliño de mar.
Tamén falaremos das aves mariñas, as donas do vento, as fascinantes viaxeiras que se deixan ver cada ano polas nosas costas fuxindo dos temporais de inverno, facendo unha parada na viaxe migratoria ou procurando alimento en contínua loita coas ondas. Moitas destas aves cobren grandes distancias cada ano, buscando os seus lugares favoritos de aniñamento.
Nós queremos tomar prestadas as alas dos mascatos, dos paíños, das pardelas e os araos, para poder viaxar ata os recunchos máis alonxados do ciberespacio e descubrir novos lugares, outras culturas, paisaxes e realidades diferentes, alí onde o vento e as ondas nos leven...
