miércoles, 29 de mayo de 2013

O extraordinario sentido da ecolocación

Esta semana continuamos co estudo dos sentidos dos seres vivos e as ventaxas que lles ofrecen para sobrevivir na natureza, isto é, que sentidos son máis útiles para comer, para evitar ser comidos, etc.

Pero sen dúbida unha das cousas que máis nos chamou a atención e que queremos compartir a través do noso blog, é o sentido da ecolocación, é dicir, o sónar que utilizan os morcegos e os golfiños, por exemplo, para detectar a súa comida ("Ñam,ñam!") ou para sortear obstáculos.


Aí vos vai un vídeo no que se explica (vale, está en inglés, pero enténdese ben e é moi divertido). ¡Esperamos que vos guste!!


jueves, 16 de mayo de 2013

Cabaliños de alá...

Como nos gustou moito todo lo que fomos aprendendo sobre os cabaliños de mar, decidimos poñernos trala pista do que sen dúbida debe ser o cabaliño máis bonito do mundo: o impresionante Dragón de mar, un cabaliño de mar  das antípodas, xa que vive en augas de Australia. Deixámosvos un vídeo que atopamos para que o coñezades. É fermosísimo, verdade?


¿A que parece un alga? ¡Así éche máis doado escapar dos depredadores! ¡Que listo!

Claro que... ser tan bonito tamén ten o seu lado negativo: moitos (como os da imaxe) son capturados para seren exhibidos en acuarios.  :(

lunes, 13 de mayo de 2013

Cabaliños daquí...

Se aínda vos preguntades se é posible que estas curiosas criaturas habiten nas nosas costas, a resposta é: SÍ. 
De feito, as fotos que compartimos pertencen a un exemplar fotografado na ría de Arousa por un biólogo que veu ao noso cole a contalo todo sobre os cabaliños de mar e outros bechos fascinantes que adoita atopar durante as súas inmersións. ¡Que sorte poder velos entre as algas!


¿Sabedes que nalgúns lugares do mundo pescan cabaliños de mar para vendelos como souvenirs? 

¡¡Nós queremos deixar claro que non nos gusta esa opción!! Preferimos saber que poderemos atoparnos con un se algún día nos mergullamos nas súas augas... E se non os vemos non pasa nada, gústanos saber que están aí, movéndose co vaivén das ondas, sendo parte da incríble beleza que agochan as augas das nosas rías.

miércoles, 8 de mayo de 2013

¡Un pai comprometido!

Esta semana estamos estudando a reprodución nos seres vivos; a un equipo    de clase tocoulle estudar os tipos de fecundación e reprodución nos animais. Pensando no protagonista que dá nome á nosa bitácora, investigamos un pouco e fixemos un descubrimento alucinante: ¡Non vos perdades o vídeo!

  

¿A que non podíades imaxinar que a quien estamos vendo nas imaxes é ao  macho desta especie? ¡¡Pois si!!
Comparte coa femia a incubación dos ovos (dentro do seu corpo) e finalmente é el quen dá a luz á seguinte xeración destes curiosos peixiños...
Neste caso, ademáis, alegrounos saber que os cabaliños nacidos neste acuario da Universidade de Valencia van ser devoltos ao mar, para vivir libres no seu verdadeiro fogar:¡¡parabéns, pequechos!! ¡Que teñades moita sorte!!

lunes, 25 de marzo de 2013

Poesía de primavera nos nosos ecosistemas

Esta semana, aproveitando que en ciencias da natureza xa aprendemos cousas sobre os distintos ecosistemas,  o profe de música púxonos un vídeo para celebrar a chegada da primavera: imaxes, música e poesía dan a benvenida a esta estación, deixando ben claro como se viste a naturaleza nos campos, augas y devesas de toda a Península Ibérica en primavera.
¡¡¡¡Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!!
http://vimeo.com/65414843

jueves, 14 de marzo de 2013

Ciencia e arte

Na unidade didáctica "A ciencia nas nosas vidas" estamos descubrindo fascinantes historias que teñen como protagonista a ciencia: desde os increíbles deseños do xenio Leonardo Da Vinci, que parecían predecir o futuro, pasando pola axuda que a ciencia presta á hora de resolver misterios da historia, da natureza ou do Universo, ata convertila en protagonista dunha nova forma de arte. 
Precisamente de arte e ciencia, ou de como o saber científico pode aproveitarse para crear esculturas fascinantes, trata o seguinte vídeo:
http://youtu.be/352u2qI4ykU


Trátase da obra de Theo Jansen, un artista  que se inspira nas formas animais e na física mecánica para dar "vida" ás súas esculturas.
A verdade é que todo o cole fala deste vídeo, que forma parte da exposición que estamos montando esta semana co gallo do traballo desenvolvido na área de ciencias da natureza. E non che nos extraña nadiña, porque a nós tamén nos pareceu flipante!!
¿Que dicides?

martes, 29 de enero de 2013

Bioluminiscencia mariña

Na unidade didáctica na que traballamos sobre a luz e o son, logramos descifrar,por fin, o significado do nome do noso colexio: Ardora.
Bueno, en realidade xa o sabiamos, xa nos explicaran que con esta palabra os mariñeiros refírense a un fenómeno denominado bioluminiscencia mariña, pero... ¿que é a bioluminiscencia e por que se produce?

Hoxe, na aula, descubrimos aos responsables deste espectáculo natural: son uns seres diminutos e cando se axitan a causa das ondas ou ben porque chocan cun obstáculo (unha rocha, unha embarcación...), comenzan a producir destellos de luz, semellando ser estreliñas no mar.
Non vos damos máis pistas de momento: xa vos diremos de quen se trata, con "nome e apelidos". Deixámosvos un vídeo no que se ve isto perfectamente: ¡¡Disfrutade das imaxes!!

martes, 22 de enero de 2013

¿Por que o cabaliño de mar?

Ola de novo:
Hippocampus guttulatus. Foto:Bruno Almón
hoxe queremos publicar unha entrada especial na que imos presentar ao protagonista do noso blog, o cabaliño de mar. Como xa saberedes, é un animal mariño tan bonito e fascinante como descoñecido. 

¿Sabíades que é un peixe? ¡Con esa pinta! ¿E sabiades que viven nas nosas rías? Pois si, estes animais fascinantes, estes peixes de fábula, comparten augas cos mexillóns, os argazos, as choupas, as robalizas ou as nécoras.
O da foto é un Hippocampus guttulatus, que vive nas tranquilas augas da Ría de Arousa, camuflado entre as algas. 
Con este animaliño tan fermoso e delicado, aproveitamos para enviarlles un saúdo aos nosos amigos e amigas de 6ºB do C.E.I.P A Illa, con quen intercambiamos ideas e coñecementos.

viernes, 18 de enero de 2013

Aprendendo no horto

Esta semana estivemos traballando arreo no horto escolar: no Recuncho da Vitamina C estivemos recollendo laranxas e aproveitamos para plantar un dos empozos feitos o ano pasado no limoeiro, desexando que chegue a ser tan grande coma o seu proxenitor.

Ademáis, con Rebeca, a profe de inglés, estivemos repasando os nomes dalgúns froitos que aportan vitamina C á nosa dieta, e que podedes ver na imaxe que adxuntamos.

¿A que non sabiades que os frutos vermellos son moi ricos nesta vitamina? ¡Pois agora xa o sabedes! Nós xa plantamos amorodos e frambuesas o ano pasado, e xa aproveitamos para planificar o que imos plantar dentro dunhas semanas: remolacha, pementos, tomates, patacas vermellas e seguramente outros  moitos froitos irán tendo cabida neste recuncho. ¡¡Que ricos!!!

viernes, 11 de enero de 2013

¿Pero cómo son las grullas?

Esta pregunta nos la han hecho los compañeros del Ardora, en Galicia, porque allí no llegan nuestras viajeras. Así que... nos hemos puesto manos a la obra, buscando, buscando, y aquí va la información que hemos encontrado:
Nuestras grullas son grandes como las cigüeñas; su plumaje es de color gris ceniza, más parecido al de una garza real, y tiene unas plumas muy largas en la parte trasera del cuerpo, lo que les da un aspecto muy elegante. Además tienen un característico color rojo en la parte superior de la cabeza.
Como ya hemos dicho, las grullas huyen del frío invierno del norte y deciden bajar hasta la Península e incluso hasta África, buscando un clima mejor. Creemos que su lugar favorito es Extremadura, ya que hemos leído que aproximadamente el 70% de las grullas deciden descansar en nuestras dehesas y llanos. Esto significa que entre 45.000 y 75.000 grullas visitan nuestra comunidad cada año, desde octubre a febrero. ¡Casi nada!! ¿Cómo no les vamos hacer una fiesta?
Aunque parece ser que comen de todo (son omnívoras), les flipan las bellotas, así que se ponen las botas con nuestras encinas, si bien complementan su dieta con bichos y otras semillas que encuentran. Al final de la tarde, se juntan para dormir. Sus dormideros están situados normalmente a las orillas de los numerosos embalses que tenemos en Extremadura.
Para que os hagáis una idea de su viaje y de dónde podemos encontrarlas, os dejamos un mapa muy chulo que hemos encontrado. ¡Esperamos que hayáis aprendido un poquito más sobre nuestras amigas grises!